Comedor escolar

Neste curso 2014-2015 estamos traballando para conseguir un comedor escolar onde os nosos fillos poidan ter un sitio onde comer e así os pais e nais poidamos conciliar a vida laboral coa familiar.

É un proceso longo onde o primer paso que se levou a cabo foi falar coa dirección do colexio para ver se se podía dispoñer dun sitio onde instalar o comedor.

Unha vez que o director do colexio nos deu a súa confirmidade, o seguinte paso foi informar a todos os pais do colexio para saber cantos nenos podería chegar a ter o comedor. Unha vez que temos a confirmación que hai pais e nais interesados, o que temos que facer é levar a proposta ó consello escolar. Esperemos que no próximo consello escolar poidamos ter esta confirmación e poder seguir co traballo proposto.

0 comentarios:

Publicar un comentario